relacionado co tema que tratamos de arte póvera e os planetas do principiño atopamos este titorial que nos ensina como reciclar papel:
martes, 20 de octubre de 2009
lunes, 5 de octubre de 2009
o meu p l a n e t a
6-10-09[3ºESO]


hai varias pasaxes do principiño nas que se fai referencia ó seu pequeno planeta, e a outros planetas...
con esta idea, no final do curso pasado, realizamos unha actividade na que cada un describía o seu planeta imaxinario, logo debuxábao e por último realizábao en volume.
tamén falamos do planeta Galicia, un planeta aberto a todo o mundo, onde nos identificábamos cunha lingua e unha cultura, e invitábamos a todos a participar dela e compartila, e cada un escribía unha palabra especial no planeta Galicia do ollo aberto:
e apareceron os pensamentos de todos polas paredes do IES...
...agora hai un planeta branco na entrada, agardando a que nos contes cómo é o teu planeta
sábado, 3 de octubre de 2009
arte p o v e r a

5-10-09[4ºESO]
estes días imos comezar cunha actividade relacionada coa Arte Póvera, unha corrente artística do século XX que se caracteriza polo emprego de materiais "pobres" e fáciles de conseguir: materiais da propia natureza, como madeira rochas ou follas, e incluso materiais de refugallo conseguidos do lixo.
Xorde en 1967 con motivo dunha exposición: 'Arte povera – Im Spazio'
os artistas buscan unha relación distinta do espectador coa arte: "supuxo unha importantísima reflexión estética sobre as relacións entre o material, a obra e o seu proceso de fabricación e tamén un rexeitamento cara a crecente industrialización, metalización e mecanización do mundo que os rodeaba, incluído o da arte"
podedes buscar moitas referencias sobre este tema e artistas como Jannis Kounellis (do que vimos unha exposición hai dous anos en Santiago), Joseph Beuys, Giovanni Anselmo, Carl Andre, Marisa Merz, Mario Merz, Walter de Maria, Richard Long, relacionados tamén con outras correntes como o Minimalismo e o Land Art. Tamén atopamos outros artistas relacionados con este movemento como Piero Manzoni e Antoni Tàpies


tedes tamén dous artigos interesantes sobre Joseph Beuys:
un na revista almiar
e outro nun blog en portugués chamado AVANT STARRR
realizaremos na aula unha práctica sobre este tema, relacionada tamén coa reciclaxe, co que intentaremos enviar unha mensaxe ós nosos compañeiros de centro.
máis enlaces: todacultura
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
