
5-10-09[4ºESO]
estes días imos comezar cunha actividade relacionada coa
Arte Póvera, unha corrente artística do século XX que se caracteriza polo emprego de materiais "pobres" e fáciles de conseguir: materiais da propia natureza, como madeira rochas ou follas, e incluso materiais de refugallo conseguidos do lixo.
Xorde en 1967 con motivo dunha exposición: 'Arte povera – Im Spazio'
os artistas buscan unha relación distinta do espectador coa arte: "supuxo unha importantísima reflexión estética sobre as relacións entre o material, a obra e o seu proceso de fabricación e tamén un rexeitamento cara a crecente industrialización, metalización e mecanización do mundo que os rodeaba, incluído o da arte"
podedes buscar moitas referencias sobre este tema e artistas como Jannis Kounellis (do que vimos unha exposición hai dous anos en Santiago), Joseph Beuys, Giovanni Anselmo, Carl Andre, Marisa Merz, Mario Merz, Walter de Maria, Richard Long, relacionados tamén con outras correntes como o Minimalismo e o Land Art. Tamén atopamos outros artistas relacionados con este movemento como Piero Manzoni e Antoni Tàpies


tedes tamén dous artigos interesantes sobre Joseph Beuys:
realizaremos na aula unha práctica sobre este tema, relacionada tamén coa reciclaxe, co que intentaremos enviar unha mensaxe ós nosos compañeiros de centro.